Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 16947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para estudo, diagnóstico e proposta da ruta termal na euro-rexión transfronteiriza Chaves-Verín, dentro do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2077-2013.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión, Fomento e Cooperación.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 20 de marzo de 2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: estudo, diagnóstico e proposta da ruta termal na euro-rexión transfronteriza Chaves-Verín, dentro do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España- Portugal (POCTEP) 2007-2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: 55.500,00 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15 de marzo de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 26 de marzo de 2012.

c) Contratista: ICN-Artea.

d) Importe de adxudicación: 55.500,00 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2012.

M.ª Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo