Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 9 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se relaciona o inicio do procedemento de comprobación limitada e proposta de liquidación provisional do expediente T-3/11-3T-LU, pendente de notificar, e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Incada Cárnicas y Embutidos, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónase o inicio do procedemento de comprobación limitada e proposta de liquidación provisional do expediente T-3/11-3T-LU, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal do xeito indicado no artigo anterior, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo en aplicación dos artigos 137 e 99.8 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo de Xestión, con enderezo en r/ Montevideo 9, 27001 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 9 de abril de 2012.

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesada: Incada Cárnicas y Embutidos, S.L.

CIF: B27251495.

Tributo: taxa 31.08.01 e 31.36.01 do anexo 2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exacións reguladoras da Comunidade Autónoma.

Procedemento: inicio de procedemento de comprobación limitada e proposta de liquidación provisional.

N.º de expediente: T-3/11-3T-LU.

Trimestre: 3.º trimestre de 2011.

Último domicilio coñecido: polígono industrial de Rábade, 27370 Rábade (Lugo).