Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2011/10-2, 7842 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Anseo Vilalba, S.L.

Domicilio social: avda. A Terra Chá, 82-84, 27800 Vilalba.

Denominación: L.M.T.S. de 20 kV, R.B.T.S. e C.T. de 630 kVA para subministración eléctrica a edificio de 36 vivendas.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

– L.M.T.S. a 20 kV, consistente en anelar o C.T. proxectado, entre o C.T. A Terra Chá e o CT r/ do Xamón, cunha lonxitude de 63 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.

– C.T. en edificio non prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección. Relación de transformación 20.000/400-230 V.

– R.B.T.S. con orixe no C.T. proxectado e final nas CXP do edificio que se vai electrificar, cunha lonxitude de 52,40 metros en condutor tipo RV-150 mm.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 25 de novembro de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo