Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña (CHUAC), pola que se fai pública a formalización do contrato de carbapenémicos do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (MS-CHC1-11-055).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Xerencia de Xestión Integrada A Coruña (CHUAC).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: MS-CHC1-11-055.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición de carbapenémicos do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

c) Lote (de ser o caso): si (lote 1).

d) CPA (referencia de nomenclatura): 21.20.13.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 33690000-3.

f) Acordo marco (se procede): si.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (suxeito a regulación harmonizada).

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 300.000 euros. Importe total: 312.000 euros (incluído o 4% do IVE).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de xaneiro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 22 de febreiro de 2012.

c) Contratista: Hospira Productos Farmacéuticos y Hospitalarios, S.L. (lote 1).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Lote 1: 124.500 euros. Importe total: 129.480 euros (incluído o 4% de IVE).

A Coruña, 1 de marzo de 2012.

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada A Coruña