Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de abril, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se fai pública a formalización de contratos.

– Contratación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do Servizo de Xestión da Seguridade Corporativa dos sistemas de información da Xunta de Galicia (expediente 03/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Presidencia da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e de Contratación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Por Decreto 252/2011, do 15 de decembro, créase a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia quedará subrogada no momento da súa constitución efectiva en todas as relacións xurídicas, bens, dereitos e obrigas dos cales é titular a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: Servizo de Xestión da Seguridade Corporativa dos Sistemas de Información da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

Trátase de levar a cabo as tarefas de xestión da seguridade na plataforma tecnolóxica relativa a infraestruturas e aplicacións corporativas da Xunta de Galicia dependentes da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 20 de decembro de 2011.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 691.525,42 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 345.762,71 €. Importe total: 408.000,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 6.3.2012.

b) Data de formalización do contrato: 30.3.2012.

c) Contratista: Sistemas Avanzados de Tecnología, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 311.186,44 €. Importe total: 367.200,04 € (IVE incluído).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

– Contratación suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do Servizo de Soporte e Mantemento dos Sistemas de Tramitación de Expedientes Administrativos e Presentación en Sede (expediente 05/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Presidencia da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e de Contratación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Por Decreto 252/2011, do 15 de decembro, créase a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia quedará subrogada no momento da súa constitución efectiva en todas as relacións xurídicas, bens, dereitos e obrigas dos cales é titular a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: Servizo de Mantemento Correctivo e Evolutivo do Soporte e Mantemento do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 2.704.465,14 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 901.488,38 €. Importe total: 1.063.756,27 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a)Data de adxudicación: 5.3.2012.

b) Data de formalización do contrato: 30.3.2012.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 811.339,54 €. Importe total: 957.380,66 € (IVE incluído).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do TRLCSP e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do TRLCSP.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2012.

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia