Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 16944

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (347/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 347/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Said Bouzelhad contra a empresa Construcciones Carreira Martínez, S.L., Alicatados y Solados Carreira, S.L., Solados y Pavimentos del Norte, S.L., Pavimentos y Alicatados de Galicia, S.L., Pavisur Pavimentos Monocapa del Sureste, S.L. e Grupo Sacyr Vallehermoso, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza de data 30.3.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, con estimación da excepción de falta de lexitimación pasiva de Sacyr Vallehermoso, S.A., Sacyr SAU, Servicios y Contratas Prieto, S.A. e Rover Alcisa, S.A. UTE, estímase parcialmente a demanda formulada por Said Bouzelhad fronte a Construcciones Carreira y Martínez, S.L., Pavimentos y Alicatados de Galicia, S.L., Solados y Pavimentos del Norte, S.L., Alicatados y Solados Carreira, S.L., Pavisur Pavimentos Monocapa del Sureste, S.L., Sacyr Vallehermoso, S.A., Sacyr SAU, Servicios y Contratas Prieto, S.A. e Rover Alcisa, S.A. UTE e fronte ao Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno solidariamente a Construcciones Carreira y Martínez, S.L., Pavimentos y Alicatados de Galicia, S.L., Solados y Pavimentos del Norte, S.L., Alicatados y Solados Carreira, S.L. e Pavisur Pavimentos Monocapa del Sureste, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 1.789,26 euros, absolvendo a Sacyr Vallehermoso, S.A., Sacyr SAU, Servicios y Contratas Prieto, S.A. e Rover Alcisa, S.A. UTE das pretensións fronte a elas deducidas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación, conforme o establecido no artigo 191.2.g) da LXS.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Carreira Martínez, S.L., Alicatados y Solados Carreira, S.L., Solados y Pavimentos del Norte, S.L., Pavimentos y Alicatados de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2012.

A secretaria xudicial