Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17084

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública sobre construción de fosa de xurro e esterqueira vinculadas a explotación agropecuaria con recoñecemento en Pape (Cesar).

Papedc, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de fosa de xurro e esterqueira vinculadas a explotación agropecuaria con recoñecemento en Pape (Cesar), polígono 44, parcela 407, deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante este se poida examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e se poidan formular as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 10 de abril de 2012.

José Antonio García López
Alcalde