Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de abril de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivada do expediente IU2/42/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio da interesada.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II acordou, o 21 de marzo de 2012, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar prefabricada de planta baixa de madeira, no lugar de Arealonga número 43, Marín de Arriba, no termo municipal de Marín, provincia de Pontevedra.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquel acordo a Josefa Carballo Recamán, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que se pretenda valer.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística