Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2012/16-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: José Mario Quintana García.

Domicilio social: Froxán n.º 8, Castro de Cabras, 36511 Lalín.

Denominación: L.M.T. de acometida ao C.T. para unha granxa en Xamoedo.

Situación: Lalín.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 49 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HVH-1600/13 da L.M.T. LAL811 (Rodeiro) e final no centro de transformación da granxa do peticionario situada en Xamoedo, Castro de Cabras, Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda  43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra