Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia procedemento aberto, tramitación urxente, para contratar o servizo de limpeza na Residencia de Maiores do Meixoeiro en Vigo.

Esta xefatura territorial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o seguinte procedemento:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2. Enderezo: r/ Concepción Arenal, n.º 8, 2.º andar.

3. Código postal e localidade: 36201 Vigo.

4. Teléfono: 986 81 77 25. Fax: 986 81 76 83.

5. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

6. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 1.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: expediente n.º 45/12. Servizo de limpeza na Residencia de Maiores do Meixoeiro en Vigo, sita na estrada Madrid-Ourense, s/n (O Meixoeiro) 36214 Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Prazo de execución: 1 ano (desde o 1 de xullo de 2012 ata o 30 de xuño de 2013).

e) Admisión de prórroga : si. 6 meses (desde o 1 de xullo ata o 31 de decembro de 2013).

f) CPV: non. CPA: 81.21.10.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación: 114.000,00 € (IVE 18% 20.520,00 €) total: 134.520,00 € para un ano. Orzamento estimado: 171.000,00 € (IVE 18% 30.780,00 €) total: 201.780,00 €

5. Garantías exixidas. Provisional: non. Definitiva: 5% do importe de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados desde o seguinte ao de publicación deste anuncio.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

2. Domicilio: rúa Concepción Arenal, n.º 8.

3. Código postal e localidade: 36201 Vigo (Pontevedra).

Ou en calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a apertura das propostas.

8. Apertura de ofertas.

a) Dirección: rúa Concepción Arenal, n.º 8, 2.º andar, 36201 Vigo.

b) Apertura de ofertas: ás 10.30 horas do décimo día natural contado desde a finalización do prazo de presentación de propostas.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 10,82 € por liña).

Vigo, 3 de maio de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo