Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18339

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1200/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1200/2011, por instancia de Carlos Luciano León Vidal contra Tecnograf Maquinaria Artes Gráficas, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data 26 de marzo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Carlos Luciano León Vidal, asistido polo letrado José Antonio Somoza Blanco, contra a entidade Tecnograf Maquinaria Artes Gráficas, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do seu despedimento, condenando a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 1.424,43 euros máis, en ambos os casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, calculándose a 38,51 euros diarios, con desconto dos días que o traballador estivo de baixa cobrando a prestación de IT, que se determinarán en execución de sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo. E, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer, na conta deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Tecnograf Maquinaria Artes Gráficas, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de abril de 2012.

A secretaria xudicial