Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18574

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 23 de abril de 2012 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos periféricos desta consellería.

Convocada pola Orde do 16 de xaneiro de 2012 (DOG n.º 30, do 13 de febreiro), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos periféricos da Consellería de Sanidade, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.4 da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos periféricos da Consellería de Sanidade, anunciada pola Orde do 16 de xaneiro de 2012 (DOG n.º 30, do 13 de febreiro).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ao persoal que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro. O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Fernández López-Abad, José Antonio.

NRP: 3383467613 A6449.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Posto de traballo: Xefatura do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios.

Dependencia: Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios.

Localidade: Vigo.