Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade a unha nova autorización ambiental integrada outorgada para un matadoiro de aves.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE n.º 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á nova autorización ambiental integrada outorgada á actividade industrial que se relaciona no anexo seguinte e que se poderá consultar na seguinte URL: http://www.cmati.xunta.es/portal/cidadan/lang/gl/pid/2819, ou ben nas dependencias da citada Secretaría Xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2.º andar).

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2012.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Resolución do 30 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga nova autorización ambiental integrada a Sada p.a. Castilla-Galicia, S.A., para un matadoiro de aves en Castro de Ribeiras de Lea, concello de Castro de Rei (Lugo), por modificación substancial das instalacións (n.º de rexistro AAI 2006/0196_NAA/IPPC_029; clave 2010/1017_NAA/IPPC).