Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18584

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2012 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes admitidas nas especialidades de arquivos e de bibliotecas, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir quince prazas na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos desta universidade.

Por Resolución reitoral do 28 de outubro de 2011 (DOG do 11 de novembro de 2011 e BOE do 14 de febreiro de 2012) convocáronse probas selectivas para cubrir 15 prazas na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da USC, subgrupo A2, coa seguinte distribución: especialidade de arquivos, unha pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre; especialidade de bibliotecas, sete prazas pola quenda de promoción interna e seis pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 20 de xaneiro de 2012 (DOG do 30 de xaneiro) corríxense erros advertidos na do 28 de outubro de 2011.

Por Resolución reitoral do 27 de marzo de 2012 (DOG do 12 de abril) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/WebPas/SPAS/Funcionarios/Indice.htm

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas nas especialidades de arquivos e de bibliotecas, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega) o día 12 de xuño de 2012, ás 9.00 horas, na Sala de Conferencias do Arquivo Histórico Universitario (rúa Casas Reais, n.º 5, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizará o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela