José Ramón Cabado Miguélez, solicitou a esta alcaldía licenza municipal para a ampliación de explotación de galiñas poñedoras campeiras mediante construción de nave na parroquia de Vilamor. En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, a fin de que durante este prazo –que empeza a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.
Toques, 3 de abril de 2012.
Jorge Francisco Calvo Pestonit
Alcalde