Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Innovación e Industria

ACORDO do 11 de marzo de 2008, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución dunha instalación eléctrica (expediente IN407A 2001/457-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Narahío, S.A.

Domicilio social: Vista Alegre s/n, Doso, 15577 Narón.

Denominación: L.M.T. e C.T. Portolamas.

Situación: San Sadurniño.

Características técnicas: L.M.T. aerosubterránea a 15/20 kV cunha lonxitude de 1,276 km en condutor LA-56 e R.H.V. de 150 mm2 Al, con orixe na L.M.T. existente e remate no C.T. Portolamas de 100 kVA de potencia. Concello de San Sadurniño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de marzo de 2008.

José Luis Barcia Picos
Delegado provincial da Coruña