Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 204/2010).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV Bértoa-Carballo-A Laracha (proxecto e modificado).

Situación: concello de Carballo.

Características técnicas:

Instalación baixo a traza da liña aérea existente Carballo-A Laracha, do apoio 128PAS, e retensamento dos condutores entre os apoios 128 e 128PAS, e entre os apoios 128PAS y 133, condutor tipo LA-180.

Instalación liña eléctrica de alta tensión subterránea a 66 kV, dobre circuíto baixo tubo en triangulo na mesma gabia (a excepción do río Anllóns), cunha lonxitude de 2.057 metros, con orixe no apoio 128PAS e final na nova subestación de Bértoa, condutor AL-630.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña