Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2012/49-1 e RL 2012/52-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula, e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Faiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 26 de abril de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente n.º: RL 2012/49-1.

Acta inf. n.º: I152011000181961.

Empresa: Carpinox Coruña, S.L.

NIF: B-15997471.

Enderezo: rúa Arquitecto Rey Pedreira, 12-3.º A, 15011 A Coruña.

Materia: traballo (atraso no aboamento de salarios).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f) e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39.1 e 40.1.c) do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data resolución: 30 de marzo de 2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Carpinox Coruña, S.L. unha sanción por importe de mil douscentos cincuenta euros (1.250 €).

Expediente n.º: RL 2012/52-1.

Acta inf. n.º: I152011000189035.

Empresa: Catch Tapea, S.L.

NIF: B-70220595.

Enderezo: rúa Newton-CC Dolce Vita, local 13-15, 15008 A Coruña.

Materia: traballo (xornada superior á legalmente establecida).

Normativa infrinxida: artigos 34 e 35 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39 e 40 do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data resolución: 30 de marzo de 2012

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Catch Tapea unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).