Convocada a provisión dun posto de traballo vacante no Complexo Hospitalario de Pontevedra, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario, e na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, a Xerencia de Xestión integrada, en virtude do establecido na Orde do 28 de setembro de 2011, pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos, resolve adxudicar o posto convocado á persoa que se indica no anexo desta resolución.
Pontevedra, 17 de abril de 2012.
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés
ANEXO
Posto de traballo: coordinador/a de Admisión.
Nome e apelidos: Ana Marta Carbajo Vicente.
DNI: 36036237-K.