Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18809

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Estudos de Xénero.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Estudos de Xénero que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Estudos de Xénero

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

80

Optativas

24

Prácticas externas

7

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

120

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Curso

Módulo

Teorías Epistemolóxicas Feministas I, II, III

6

Obrigatorio

1.º

Teorías e Prácticas Feministas

Xénero, Discursos, Linguaxes e Fontes

6

Obrigatorio

Corpos, Subxectividades, Escrituras

6

Obrigatorio

Historia das Mulleres: A Posición da Muller dende a Historia

3

Optativo

Literatura e Feminismo en Galicia e Portugal

3

Optativo

Filosofía, Xénero e Diferenza Sexual

6

Optativo

2.º

Laboratorio de Tendencias: Xénero Artístico e Xénero Sexual

3

Optativo

Curso Monográfico de Literatura Hispánica: Escritoras Hispánicas entre os Séculos XIX-XX e XX-XXI

6

Optativo

A Experiencia Creativa e a Condición Feminina

3

Optativo

Educación en Valores

6

Optativo

1.º

Educación, Multiculturalismo e Xénero

Psicoloxía da Sexualidade

6

Optativo

Identidades Transnacionais nos Discursos Feministas no Cinema e a Literatura de Ámbito Anglófono

6

Optativo

Cine e Literatura das Culturas Diaspórico no Ámbito Anglófono: Literatura e Cine de Mulleres

6

Optativo

Educación, Multiculturalismo e Xénero

4

Obrigatorio

Historia da Escola e Xénero

3

Obrigatorio

Historia das Mulleres nas Ciencias

4

Obrigatorio

Psicoloxía e Xénero

3

Obrigatorio

Diagnóstico en Educación. Xénero e Orientación Educativa

3

Optativo

Literatura de Autoras Latinas en EE.UU.

6

Optativo

Literaturas Poscoloniais I: Raza, Clase, Sexo, Nación

6

Optativo

Orientación Profesional e Xénero

3

Obrigatorio

1.º

Economía e Xénero

Política Fiscal e Xénero

3

Obrigatorio

Traballo e Xénero

3

Obrigatorio

Traballo e Identidade Feminina

3

Obrigatorio

Prácticas en Institucións e Visitas Guiadas

7

Obrigatorio

1.º

Xeral

T1: Liderado e Negociación Positiva con Enfoque de Xénero

4

Obrigatorio

2.º

T2: Deseño e Elaboración de Proxectos e Informes desde a Perspectiva do Xénero

3

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

9

Obrigatorio

Globalización, Dereitos Humanos e Cidadanía

3

Obrigatorio

2.º

Cidadanía, Deitos Civís, Violencia

Intervención Social con Poboación en Risco de Exclusión Social desde a Perspectiva de Xénero

6

Obrigatorio

Dereito e Relacións de Xénero

6

Obrigatorio

Violencia de Xénero

5

Obrigatorio

Teoría Laboral e Xénero

3

Optativo

Dereito Social Comunitario

3

Optativo

Promoción do Desenvolvemento Persoal e Social no Ciclo Vital

6

Optativo

Políticas de Igualdade. O Mainstreaming de Xénero

3

Obrigatorio

2.º

Políticas de Igualdade

Políticas de Igualdade de Oportunidades no Ámbito Europeo, Estatal, Autonómico e Local

6

Obrigatorio

Para a obtención do título de máster universitario en Estudos de Xénero, o alumnado deberá superar os 120 ECTS dos que consta o máster.