Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18841

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 11 de maio de 2012 polo que se dá publicidade á resolución reitoral mediante a cal se convoca a ampliación da lista de espera da categoría de técnico especialista de transporte e distribución desta universidade.

Consonte o Acordo de selección temporal, acceso interno e adscrición provisional do persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo (DOG do 7 de abril de 2009) e en exercicio das competencias que me recoñece a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, a Reitoría da Universidade de Vigo convoca proceso selectivo para a ampliación da lista de espera da categoría de técnico especialista de transporte e distribución.

A información completa (bases das convocatorias, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do rexistro xeral da universidade (edificio da Xerencia, Campus das Lagoas-Marcosende, Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (edificio administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario da Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86), así como no seguinte enderezo electrónico:

http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/emprego/xerais/index.html

Poden obter información e aclarar dúbidas a través do teléfono 986 81 37 62 (Negociado de Selección e Provisión, Servizo de Persoal de Administración e Servizos).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no taboleiro do rexistro xeral da Universidade de Vigo (11 de maio de 2012).

Vigo, 11 de maio de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo