Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19199

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade á Resolución do 29 de febreiro de 2012 pola que se amplía o ámbito territorial da Confraría de Pescadores San Martín de Moaña e se ratifica a modificación do artigo 2 dos seus estatutos.

Examinada a solicitude de ampliación do límite territorial realizada pola Confraría de Pescadores San Martín de Moaña ao abeiro do artigo 6 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia, e tras a tramitación do correspondente procedemento regulado no Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, esta dirección xeral dita Resolución do 29 de febreiro de 2012.

En aplicación do artigo 46 do Decreto 261/2001, acorda dar publicidade á antedita resolución co seguinte contido:

«Estimar a solicitude feita pola Confraría de Pescadores San Martín de Moaña, autorizando a ampliación do seu límite territorial, que queda comprendido desde punta Canabal ata punta Aradoiro, tendo como límite a pedra da Espiga (sita nas coordenadas I: 42º 17’ 28,285’’, L: 8º 39’ 32,764’’ (ETRS89), ratificar a correspondente modificación do artigo 2 dos seus estatutos neste sentido, e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2012.

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro