Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 7 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución da instrutora do procedemento sancionador PO 07/2011-C por infraccións en materia de comercio.

Con data do 4 de abril de 2012, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do procedemento sancionador PO.07/2011-C, incoado pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, contra María Fernanda Grande Santos, titular do establecemento Alimentación Fernanda.

Intentada a notificación da proposta de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle á interesada o contido da devandita proposta, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Advírteselle á interesada que, en cumprimento do artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, se lle concede un prazo de quince (15) días, desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes perante a instrutora do procedemento, e lémbranselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, na praza da Estrela, s/n, de Vigo.

Vigo, 7 maio de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO.07/2011-C.

Interesada: M.ª Fernanda Grande Santos (DNI 76990438-P).

Enderezo: rúa Lorenzo de la Carrera, 2, Baiona (Pontevedra).

Feitos imputados: unha infracción grave en materia de comercio.

Preceptos infrinxidos: artigo 13.d) da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, e Decreto da Alcaldía de Baiona, Pontevedra, do 12 de agosto de 2008 (BOP n.º 164, do 26 de agosto).

Sanción proposta: 65.000 euros.