Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19663

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2012 das axudas para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia reguladas na Orde do 9 de xaneiro de 2012.

Antecedentes.

1. O Diario Oficial de Galicia número 13, do 19 de xaneiro de 2012, publica a Orde do 9 de xaneiro de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva para as entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma galega.

2. O 27 de xaneiro de 2012, a asociación Rexudir Provincial, con CIF G36208387 solicita axuda para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma galega.

Consideracións legais.

1. O 23 e o 25 de abril de 2012 reúnese a comisión de valoración que establece o artigo 7 da dita orde, que fai a avaliación e emite o correspondente informe coa valoración acadada polos proxectos presentados.

2. A conselleira de Sanidade e presidenta do Servizo Galego de Saúde é a competente para resolver o procedemento, segundo os decretos 310/2009 e 311/2009, do 28 de maio, polos que se establecen as estruturas orgánicas da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde respectivamente. Esta competencia está recollida no artigo 8.2 da orde anteriormente referida.

De acordo co indicado,

RESOLVO:

Conceder á asociación Rexurdir Provincial, con CIF G36208387 unha axuda para o desenvolvemento do programa «Piso de apoio ao tratamento, social e laboral ao drogodependente, homes» por importe de 42.500,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 5001.413A.481.21, co código de proxecto 201200034, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá recorrerse potestativamente en reposición ante a conselleira e presidenta do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación, de acordo co previsto no artigo 116 da Lei 30/1992, ou ser impugnada directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á data de notificación, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado poida executar calquera outro que xulgue oportuno.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade