Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19735

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Consultoría de Software Libre.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 28 de outubro de 2011 (publicado no BOE do 25 de novembro de 2011 pola Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 7 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Consultoría de Software Libre, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Consultoría de Software Libre

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

54

Optativas

0

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Dirección e Xestión das TIC,s

3

Obrigatorio

Administración e Dirección das TIC’s

Dirección e Política Estratéxica da Empresa

3

Obrigatorio

Administración avanzada de Servidores e Seguridade en Sistemas de Información

4,5

Obrigatorio

Seguridade e Lexislación

Consultoría Técnica e Legal do Software Libre

3

Obrigatorio

Sistemas de Intelixencia de Negocio

4,5

Obrigatorio

Ferramentas de Software Libre para Intelixencia de Negocio

Implantación de Sistemas CRM

3

Obrigatorio

Sistemas de Comercio Electrónico

4,5

Obrigatorio

Consultoría e Implantación de ERP´s

7

Obrigatorio

Introdución ao Desenvolvemento de Software Libre

3

Obrigatorio

Tecnoloxías e Frameworks de Desenvolvemento de Software Libre

Tecnoloxía Web 2.0

3

Obrigatorio

Plataformas Empresariais

9,5

Obrigatorio

Programación Áxil

6

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

6

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Consultoría de Software Libre, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.