Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19920

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

AUTO de aclaración de sentenza (1291/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 1291/2011, por instancia de Rosa Liz González, contra Juan Darío Montes Teijeiro e Raquel Montes Grela, sobre despedimento, en que no día 27 de marzo de 2012 se ditou auto de aclaración de sentenza, cuxa parte dispositiva di textualmente:

«... Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento que interpuxo Rosa Liz González contra Juan Darío Blanco Teijeiro e Raquel Montes Grela e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante con data do 10 de novembro de 2011, condenando a Juan Darío Blanco Teijeiro e Raquel Montes Grela a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, lle aboen á demandante unha indemnización por despedimento a razón de 222,22 euros...».

Notifíqueselles esta resolución ás partes, advertindo que contra ela non cabe interpor ningún recurso distinto do recurso de suplicación que, de ser o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, mándao e asínao a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Juan Darío Blanco Teijeiro e Raquel Montes Grela, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se lle realizarán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino esta cédula.

A Coruña, 4 de maio de 2012.

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial