Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20031

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 326/2011, interposto por Elena Sarria Hermida-Cachalvite.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 326/2011, interposto por Elena Sarria Hermida-Cachalvite, contra a Resolución do 2 de xaneiro de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de decembro de 2010 que aproba a relación de postos de traballo nos departamentos da Administración da Xunta de Galicia referentes aos procesos de consolidación da disposición transitoria décima do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG n.º 4, do 7 de xaneiro de 2011).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública