Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2012/41-2, 8010 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Solvia Development, S.L.

Domicilio social: r/ Sena, n.º 12, P.I.A.E. Can Sant Joan, 08174 Sant Cugat del Vallés, Barcelona.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Solvia e R.B.T. para alimentar en B.T. o edificio en avda. de Asturias n.º 21.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas:

– L.M.T.S a 20 kV, consistente en anelar o C.T. Solvia proxectado entre os C.T.S. Volconsa e Cabaleiro, en condutor tipo R.H.Z.-240 recuperado en obra (25 metros) e proxectado (225 metros).

– C.T. Solvia en avda. de Asturias, 21, en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 800 kVA, unha potencia inicial de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– R.B.T. do C.T. Solvia, con orixe no C.T. proxectado e final nas CXPs do edificio que se vai electrificar, cunha lonxitude de 10 metros cada unha, en condutor tipo R.V.-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 3 de maio de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo