Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21153

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN de erros. Orde do 8 de maio de 2012 pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico dos profesionais do sistema público de saúde de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 92, do 15 de maio de 2012, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 18257, no punto 8 do artigo 10, onde di: «...agás erro manifesto do/a solicitante apreciado pola Administración.», debe dicir: «...agás que así o dispoñan as bases ou normas reguladoras do correspondente procedemento, ou nos supostos de erro manifesto do/a solicitante apreciado pola Administración.».

Na páxina 18258, no punto 5 do artigo 11, onde di: «Os méritos consignados pola persoa aspirante na solicitude de participación, que non consten debidamente validados no sistema informático na data de apertura da correspondente convocatoria ou proceso...», debe dicir: «Os méritos da persoa aspirante que non consten debidamente rexistrados no sistema informático no prazo establecido na correspondente convocatoria ou proceso...».

Na páxina 18258, no punto 3 do artigo 12, onde di: «A dita información estará tamén dispoñible...», debe dicir: «A información da puntuación estará tamén dispoñible...».