Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21256

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, pola que se procede á publicación das puntuacións correspondentes á baremación definitiva da fase de concurso.

En sesión realizada o día 22 de maio de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 10 de maio de 2011 (DOG número 96, do 19 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010 (DOG número 1, do 3 de xaneiro de 2011),

acordou:

Primeiro. Proceder á publicación da baremación definitiva da fase de concurso correspondente ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas. A relación das puntuacións obtidas polas aspirantes recóllense en anexo a esta resolución.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para a publicación no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención á Cidadanía da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), das devanditas puntuacións.

Terceiro. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2012.

Eva María García Pérez
Presidenta do tribunal

Anexo

NIF

Apelidos e nome

Base II.2.1.a).1.

Base II.2.1.a).2.

Base II.2.1.b)

Total

76990792V

Álvarez Figueroa, Sabino

--

--

1,35

1,35

33322813E

Arias López, María Yolanda

29

--

7

36,00

44844797H

Vizcaíno Cordido, Vanesa

--

--

--

0,00