Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21241

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11.1.º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Traballo e Benestar durante o primeiro cuadrimestre do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012.

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO
Convenios asinados no primeiro cuadrimestre de 2012

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Asociación Galega San Francisco (Agasfra), para contribuír ao mantemento dos servizos que presta a través dos centros de atención a persoas con discapacidade da súa titularidade.

O obxecto do convenio é a colaboración por parte da Consellería de Traballo e Benestar no desenvolvemento e mantemento das actividades de atención ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias que a entidade Asociación Galega San Francisco (Agasfra) desenvolve a través dos centros de que é titular.

13.3.2012

2.082.955,32

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Esclavas de la Virgen Dolorosa-Crecente, para contribuír ao mantemento do servizo que presta a través do Centro Residencial Asistencial Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey.

O obxecto do convenio é a colaboración por parte da Consellería de Traballo e Benestar no desenvolvemento e mantemento das actividades de atención ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias que a entidade Esclavas de la Virgen Dolorosa-Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey-Crecente desenvolve a través deste centro de que é titular.

13.3.2012

1.038.441,60

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Secretariado Gitano para a execución de determinadas accións do programa plurirrexional de loita contra a discriminación do Fondo Social Europeo.

Programa de actuación, denominado xenericamente Acceder, que versará especialmente sobre materias de formación profesional ocupacional, orientación laboral, acompañamento no acceso ao emprego, accións de sensibilización dirixidas a empresarios, entes públicos e estudos e metodoloxías para aplicar aos programas.

12.3.2012

64.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e Cruz Roja Española en Galicia para a execución dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema.

Programa integral de atención ás persoas sen fogar que carezan de residencia ou domicilio estable e se atopen en situación sociofamiliar vulnerable, sen ingresos nin traballo e en situación de exclusión social. As accións basicamente comprenden:

– Detectar patoloxías mentais, alcoholismo e outras adiccións sufridas polas persoas destinatarias do programa.

– Informar e derivar aos usuarios cara aos servizos pertinentes.

– Proporcionar asesoramento social e legal.

30.12.2011

150.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa educativo-terapéutico Proxecto Home, de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas.

O obxecto deste convenio é establecer os termos de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar coa Fundación Monte do Gozo para a realización, por parte desta última, dunha serie de actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral, englobadas nun programa marco denominado Proxecto Home, de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas, atendendo, no marco de accións do II PGIS, especialmente aos principios de anonimato, voluntariedade e gratuidade da asistencia.

26.3.2012

135.786,24

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Vilaboa.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

4.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello das Nogais.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

4.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Portas.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

4.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello do Pino.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

4.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Ribeira de Piquín.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

4.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Rodeiro.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

4.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Navia de Suarna.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

4.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Friol.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

4.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Sarria.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

13.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello da Illa de Arousa.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

13.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Ames.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

13.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Castrelo do Val.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

13.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Cangas.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

13.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Neda.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

13.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Arzúa.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

13.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Moaña.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

13.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello do Bolo.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

13.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Punxín.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

13.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Cesuras.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

13.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello das Neves.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

13.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello da Pontenova.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

16.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Valga.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

27.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Ordes.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

27.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Sanxenxo.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

1.2.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Ribadeo.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

1.2.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Cervantes.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

1.2.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Oia.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

1.2.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Muros.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

7.2.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Pontevedra.

Para o compartimentos dos sistemas de información do Sigad.

3.2.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Mancomunidade Terra de Celanova.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

10.2.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Oleiros.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

10.2.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Cariño.

Para el compartimento dos sistemas de información do Sigad.

10.2.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Redondela.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

10.2.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Salvaterra de Miño.

Para el compartimento de los sistemas de información do Sigad.

14.2.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello das Somozas.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

1.3.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Castrelo de Miño.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

10.4.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Carral.

Para o compartimento dos sistemas de información do Sigad.

10.4.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Universidade da Coruña.

Para a realización de prácticas do Máster en dependencia e xestión de servizos sociais.

25.4.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Santiago Apóstolo de Ciencias Sociais, titular da Escola Universitaria de Santiago de Compostela.

Para a formación práctica sobre o programa de asignación de recursos do sistema para a autonomía e a atención á dependencia en Galicia.

27.4.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Cruz Vermella de Galicia para a execución do Programa de familias acolledoras, dirixido ao acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Cruz Vermella de Galicia para o desenvolvemento en Galicia do Programa de familias acolledoras, que ten como obxectivo xeral proporcionar unha atención temporal a aqueles menores en situación de risco, desamparo ou desprotección social, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.

3.2.2012

300.000,00

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade Nacional de Educación a Distancia, para a realización de formación práctica por parte dos alumnos das facultades de Psicoloxía, Ciencias da Educación e Dereito.

Establecer un programa de cooperación educativa a través do cal os estudantes da UNED, matriculados en ensinanzas de grao en psicoloxía, psicopedagoxía, pedagoxía, educación social, traballo social ou dereito, poidan complementar a formación teórica coa formación práctica que require o desenvolvemento de actividades profesionais.

30.3.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dos Prácticums da Facultade de Psicoloxía e Ciencias da Educación, en centros dependentes desta consellería.

Establecer a forma e condicións de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela cara a unha adecuada planificación, desenvolvemento e avaliación dos Prácticums, establecidos polos correspondentes plans de estudos dos/das alumnos/as matriculados/as nas titulacións da licenciatura en psicoloxía, psicopedagoxía e pedagoxía, e da diplomatura en educación social.

20.3.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Universidade da Coruña para o desenvolvemento do Programa de avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo.

Regular a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Universidade da Coruña para a organización e realización do Programa de avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo, desenvolvido pola Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) da Universidade da Coruña.

22.2.2012

120.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Valponasca para o acceso ao Programa Casa dos menores en situación de risco ou desamparo.

Establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Valponasca, en virtude do cal os menores en situación de risco ou desamparo que estean baixo a protección das xefaturas territoriais de Lugo e Vigo da consellería poderán acceder ao Programa Casa, que se desenvolve nestas cidades, logo da derivación dos equipos técnicos do menor.

10.2.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Meniños para a execución do Programa de integración familiar.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Meniños para o desenvolvemento do Programa de integración familiar nas catro provincias da comunidade autónoma, levando a cabo unha intervención integral coas familias e cos nenos e nenas participantes no programa.

1.1.2012

380.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento de programas de formación profesional e formación ocupacional de persoas con discapacidade, no 2012, con financiamento do Fondo Social Europeo (FSE).

O obxecto do convenio é contribuír por parte da Consellería de Traballo e Benestar ao:

– Financiamento de programa de cursos de formación profesional dirixidos a persoas con discapacidade, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que residan na Comunidade Autónoma de Galicia, que a entidade Cogami vai desenvolver ao longo do ano 2012.

– Financiamento do programa de cursos de formación ocupacional dirixidos a persoas con grandes discapacidades, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, que a entidade Cogami vai desenvolver durante o ano 2012 con carácter presencial, no centro de Fingoi, situado na localidade de Lugo, e á distancia para o resto das localidades da Comunidade Autónoma de Galicia.

27.4.2012

554.815,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Ferrol para a acreditación da formación impartida polo Concello no marco do Proxecto Ferrol Punto de Emprego II, cofinanciado polo FSE.

Regular as características que debe ter a formación impartida polo Concello de Ferrol nos itinerarios formativos recollidos no convenio para que o alumnado participante poida acceder de forma directa á expedición dos correspondentes certificados de profesionalidade.

23.1.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Santiago de Compostela para a acreditación da formación impartida polo Concello no marco do Proxecto de pacto polo emprego de Santiago, cofinanciado polo FSE.

Regular as características que debe ter a formación impartida polo Concello de Santiago de Compostela nos itinerarios formativos recollidos no convenio para que o alumnado participante poida acceder de forma directa á expedición dos correspondentes certificados de profesionalidade.

16.3.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello da Coruña para a acreditación da formación impartida polo Concello no marco do Proxecto Rede Coruña Emprega II, cofinanciado polo FSE.

Regular as características que debe ter a formación impartida polo Concello de Coruña nos itinerarios formativos recollidos no convenio para que o alumnado participante poida acceder de forma directa á expedición dos correspondentes certificados de profesionalidade.

16.4.2012

0,00

Convenio de colaboración entre o Servizo Público de Emprego Estatal e a Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de procesos de avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.

Poñer en marcha convocatorias do procedemento de avaliación e acreditación das competencias profesionais das cualificacións profesionais de confección e mantemento de artes e aparellos, operacións básicas de restaurante e bar e de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial.

29.12.2011

105.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associaçâo de Municipios do Vale do Minho.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associaçâo de Municipios do Vale do Minho para a realización das actividades do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

23.12.2011

2.707,50

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associaçâo Industrial do Minho.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associaçâo Industrial do Minho para a realización das actividades do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

23.12.2011

8.104,92

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associaçâo Empresarial do Alto Tâmega.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associaçâo Empresarial do Alto Tâmega para a realización das actividades do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

23.12.2011

3.777,96

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Instituto do Emprego e Formaçâo Profissional-I.P.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e Instituto de Emprego e Formaçâo Profissional-I.P. para a realización das actividades do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

23.12.2011

12.399,40

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal para a realización das actividades do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

11.4.2012

18.884,10

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Uniâo Empresarial do Vale do Minho.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Uniâo Empresarial do Vale do Minho para a realización das actividades do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

19.4.2012

948,10

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade do Minho-Centro de Estudos Galegos.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Minho para a realización das actividades do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

19.4.2012

2.381,27

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associaçâo Empresarial de Viana do Castelo.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associaçâo Empresarial de Viana do Castelo para a realización das actividades do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

19.4.2012

1.900,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación de Empresarios de Galicia.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación de Empresarios de Galicia para a realización das actividades de coordinación do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

10.4.2012

70.792,86

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Vigo.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Vigo para a realización das actividades do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

11.4.2012

11.445,60

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Emprego e Seguridade Social e a Comunidade Autónoma de Galicia para o funcionamento da aplicación informática para a xestión da información dos servizos de prevención alleos acreditados.

Establecemento das bases necesarias para a posta en funcionamento da aplicación informática para a base de datos xeral de servizos de prevención que recolla os datos que constan nos rexistros da Comunidade Autónoma de Galicia e que permita a esta Comunidade Autónoma o acceso á información e ao control dos servizos de prevención.

5.3.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades do Centro de Estudos Cooperativos (Cecoop).

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela a través do Centro de Estudos Cooperativos para a realización de actividades.

23.04.2012

30.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Deputación Provincial de Ourense relativo á utilización das instalacións da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas.

Facilitar o aloxamento e a manutención a 5 mozos deportistas seleccionadas pola deputación.

23.2.2012

0,00