Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 21 de maio de 2012, do Servizo de Turismo da Coruña, pola que se notifica a Incoación do 19 de decembro de 2011, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-199/11, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse a notificación.

No mesmo acto designouse instrutora do expediente a M.ª Carmen Ramallal Molina; os interesados poden promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co artigo 13.1.d) do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, a resolución deste procedemento por infracción grave corresponde á titular da Secretaría Xeral para o Turismo, segundo o disposto no artigo 79.1.b) da Lei 14/2008.

A resolución deste procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data do presente acordo, de conformidade co disposto no artigo 84.1 da Lei 14/2008, do 3 de decembro.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo considerarase como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 21 de maio de 2012.

M.ª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-199/11.

Denunciado: Cámping Rianxo, S.C.

CIF: J747218.

Establecemento: Cámping Rianxo.

Enderezo: praia do Tronco.

Localidade: Rianxo.

Precepto infrinxido: artículo 70.d) da Lei 14/2008.

Incoación: 19 de decembro de 2011.

Sanción: multa de mil trescentos euros (1.300 €).