Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21351

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Orde do 18 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios Coopera Galicia Entidades Locais para distinguir as iniciativas de fomento do asociacionismo municipal mediante proxectos piloto de xestión compartida de servizos por parte de agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 101, do 29 de maio, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 20387, no artigo 2.1, onde di: «… ata unha contía máxima de 100.000 €.», debe dicir: «…ata unha contía máxima de 77.500 €.».

Na páxina 20399, na base décimo primeira, número 2, onde di: «… na forma e no prazo establecido nas alíneas 1 e 2 da base décima», debe dicir: «… na forma e no prazo establecido nas alíneas 1 e 2 da base novena».