Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2012/0033-4).

O servizo de Correos devolveu a notificación correspondente á resolución recaída no expediente que se relaciona a continuación, polo que, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa a citada resolución.

Expediente: RL 2012/0033-4.

Acta: I362011000108137.

Empresa: Lourenco Teixeira Alves.

NIF: X23 867 715.

Enderezo: r/ Pedra de Agua, 4, 3º B.

Materia: relacións laborais.

Precepto infrinxido: artigo 5 da Lei 45/1999, do 29 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 5, 10.3, 39.2 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 19.3.2012.

Resolución: multa de 6.251 €.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 114 y seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 10 de maio de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo