Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21379

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2308/2011).

Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2308/2011 desta sección, seguido por instancia de José Costas Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Público de Emprego Estatal, Interdecor Galicia, S.L., sobre incapacidade temporal, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a sentenza do 10 de febreiro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en autos seguidos por instancia de José Costas Fernández fronte á Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Servizo Público de Emprego Estatal e a empresa Interdecor Galicia, S.L., a sala confírmaa na súa integridade e, dando á consignación e ao depósito, de ser o caso, o destino regulamentario, condenamos a mutua recorrente a lle aboar á letrada impugnante daquel a cantidade de 300 euros en concepto de honorarios.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co n.º 1552, debendo indicar no campo concepto recurso, seguida do código 35 Social casación. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código 35 Social casación. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou aprazamentos, ou cando se trate de emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Interdecor Galicia, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de maio de 2012.

A secretaria xudicial