Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21458

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de modificación puntual do PERI II.08 Bouza sur (expediente 11925/411).

O Pleno do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 30 de abril de 2012, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual do PERI II-08 A Bouza sur (API-61 PXOM)-Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID), segundo a documentación elaborada pola Oficina de Planeamento e Xestión, na súa versión v.2 para aprobación definitiva, datada en outubro de 2011.

Segundo. Remitir á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas copia autenticada de dous exemplares da modificación puntual do PERI II-08 A Bouza sur (API-61 PXOM)-Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) aprobada definitivamente por este acordo, con todos os planos e documentos que o integran debidamente dilixenciados pola Secretaría Municipal.

Terceiro. Ordenar a publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia no prazo dun mes desde a súa adopción, no anuncio farase constar expresamente a remisión da documentación á CMATI, e publicar o documento que conteña a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Cuarto. Dar traslado do presente acordo ao movemento cidadán O Noso Barrio, e publicar na páxina web do Concello de Vigo unha copia completa do instrumento aprobado definitivamente, para o seu público coñecemento».

Faixe constar que, por oficio do 10 de maio de 2012, foille remitida á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas copia autenticada de dous exemplares da modificación puntual do PERI II-08 A Bouza sur (API-61 PXOM)-Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) aprobada definitivamente por este acordo, con todos os planos e documentos que o integran debidamente dilixenciados pola Secretaría Municipal.

Vigo, 10 de maio de 2012.

M.ª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos