Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21827

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 309/2011 interposto por Xosé Daniel Piñeiro Villares.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 309/2011, interposto por Xosé Daniel Piñeiro Villares, contra a Resolución do 2 de xaneiro de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de decembro de 2010, que aproba a relación de postos de traballo nos departamentos da Administración da Xunta de Galicia referentes aos procesos de consolidación da disposición transitoria décima do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG n.º 4, do 7 de xaneiro de 2011).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e son emprazados para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública