Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22783

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 29 de maio de 2012 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 29.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4º da mesma lei, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita nos edificios administrativos de San Caetano, núm. 1, Santiago de Compostela, nas súas delegacións provinciais, ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de que resulten seleccionados/as para ocupar os postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde un/ha funcionario/a con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o preceptuado no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado. Se no prazo de dous meses, a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se pode incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán, de considerarse oportuno, declararse desertos os postos de traballo.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo. O prazo de toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, agás no caso de procedencia doutras administracións, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite dos dous meses a que se fai referencia no punto quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza , no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderá impugnala directamente, á súa elección, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2012

P.D. (Orde do 22.9.2011; DOG nº 192, do 6 de outubro)
Valeriano Martínez García
Secretario xeral da Presidencia

ANEXO I

Código do posto: PR.201.00.000.15770.010.

Denominación do posto: letrado/a.

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: xeral (escala letrados).

Tipo de posto: S.

Código de adscrición ás administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Titulación académica: 2062 (licenciado en dereito).

Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código do posto: PR.201.00.000.15770.016.

Denominación do posto: letrado/a.

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: xeral (escala letrados).

Tipo de posto: S.

Código de adscrición ás administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Titulación académica: 2062 (licenciado en dereito).

Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file
missing image file