Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.
Denominación: soterramento tramo L.M.T.A. Bretoña C.T. centro médico (14104)-C.T. Pastoriza (4784).
Situación: concello da Pastoriza.
Características técnicas:
– L.M.T.S. con orixe nunha conversión aérea a soterrada, situada nun apoio proxectado, entra e sae no C.T. prefabricado proxectado C.T.C. centro médico e remata no C.T.C. Pastoriza existente, cunha lonxitude de 420 metros de condutor tipo R.H.Z.1-150.
– C.T.C. centro médico, en edificio prefabricado tipo PFU-4, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.
– R.B.T. con orixe no C.T. proxectado e final nas R.B.T.S. existentes en condutor tipo RV, cunha lonxitude de 30 metros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.
Lugo, 18 de maio de 2012
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

