Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos correspondentes a diversos expedientes do ano 2012.

En cumprimento dos artigos 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos contratos que se relacionan a seguir:

– Expediente 2012.01.FC.NS.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización da xestión, coordinación e desenvolvemento de accións formativas implementadas no Programa Cisco Networking Academy, certificación da formación, realización dun estudo ocupacional, específico e de situación e evolución de solucións formativas e certificacións e realización dun seminario técnico dirixido a profesionais e empresarios en relación coa tecnoloxía Cisco do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia-Dirección Xeral de Formación e Colocación.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: cincuenta e un mil setecentos cincuenta euros (51.750 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

5. Adxudicación:

a) Data: 22 de decembro de 2011.

b) Contratista: Pen Consultoría y Formación, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cincuenta e un mil trescentos euros (51.300 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

6. Formalización: 20 de xaneiro de 2012.

– Expediente 2012.02.FC.NS.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización da xestión, coordinación e impartición de cursos para a formación e certificación de profesionais Red Hat, a realización dun seminario técnico e a realización dun estudo de situación, evolución, tendencias e demanda do programa educativo Red Hat.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e negociado sen publicidade, por exclusividade.

4. Orzamento base de licitación: corenta e cinco mil euros (45.000 €), exento de IVE, segundo o artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

5. Adxudicación:

a) Data: 20 de xaneiro de 2012.

b) Contratista: Edustance, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: corenta e cinco mil euros (45.000 €), exento IVE, segundo o artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

6. Formalización: 20 de xaneiro de 2012.

– Expediente 2012.03.FC.NS.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a impartición de especialidades formativas da familia de madeira, cortiza e moble nos centros de formación profesional para o emprego dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e negociado sen publicidade, ao abeiro do 154.c) da LCSP.

4. Orzamento base de licitación: douscentos corenta e cinco mil seiscentos trinta e un euros con setenta e cinco céntimos de euro (245.631,75 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

5. Adxudicación:

a) Data: 12 de marzo de 2012.

b) Contratista: Fundación Laboral de la Construcción.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos corenta e catro mil euros (244.000 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

6. Formalización: 13 de marzo de 2012.

– Expediente 2012.01.CTB.A.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de combustible de calefacción, gasóleo C, a centros dependentes da consellería, mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Lote 1: subministración con destino a centros localizados na provincia da Coruña. Lote 2: subministración con destino a centros localizados na provincia de Lugo. Lote 3: subministración con destino a centros localizados na provincia de Ourense. Lote 4: subministración con destino a centros localizados na provincia de Pontevedra.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario de las Comunidades Europeas do 29 de decembro de 2011. Boletín Oficial del Estado nº 7, do luns 9 de xaneiro de 2012. Diario Oficial de Galicia nº 1, do luns 9 de xaneiro de 2012.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: dous millóns douscentos oitenta mil trescentos sesenta euros con sesenta céntimos de euro (2.280.360,60 €), máis catrocentos dez mil catrocentos sesenta e catro euros con noventa e un céntimos de euro (410.464,91 €), en concepto de IVE, resultando un total de dous millóns seiscentos noventa mil oitocentos vinte e cinco euros con cincuenta e un céntimos de euro (2.690.825,51 €).

Lote 1: 847.227,65 €.

Lote 2: 597.200,30 €.

Lote 3: 476.062,53 €.

Lote 4: 770.335,04 €.

5. Adxudicación:

a) Data: 4 de abril de 2012.

b) Contratista: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: a adxudicación do contrato faise en función de prezos unitarios, concretamente o desconto sobre o prezo semanal publicado no Boletín Inicial do Petróleo da Comunidade Europea para o gasóleo de calefacción en España. Os descontos ofertados polo adxudicatario son os seguintes:

Lote 1: 0,0459 €.

Lote 2: 0,0429 €.

Lote 3: 0,0419 €.

Lote 4: 0,0449 €.

6. Formalización: 30 de abril de 2012.

– Expediente 2012.12.FC.NS.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización dos traballos de apoio á Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar para a realización da 5ª convocatoria das probas de avaliación de competencias clave.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e negociado sen publicidade por exclusividade.

4. Orzamento base de licitación: corenta e seis mil trescentos setenta e catro euros con corenta e oito céntimos de euro (46.374,48 €), máis tres mil setecentos nove euros e noventa e seis céntimos (3.709,96 €), en concepto de IVE (8%), o que supón un total de cincuenta mil oitenta e catro euros con corenta e catro céntimos (50.084,44 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 4 de abril de 2012.

b) Contratista: Fundación Semana Verde de Galicia.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: corenta e seis mil trescentos setenta e catro euros con corenta e oito céntimos de euro (46.374,48 €), máis tres mil setecentos nove euros con noventa e seis céntimos de euro (3.709,96 €), en concepto de IVE, resultando un total de cincuenta mil oitenta e catro euros con corenta e catro céntimos de euro (50.084,44 €).

6. Formalización: 4 de abril de 2012.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2012

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar