Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23256

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barbadás

ANUNCIO de información pública sobre a contratación de subministración de equipamento para o polideportivo dos Carrís.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 9 de maio de 2012, aprobou o prego de cláusulas particulares do procedemento negociado con publicidade para a contratación da subministración de equipamento para o polideportivo dos Carrís, convocando procedemento negociado con publicidade conforme as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Barbadás (Ourense).

2. Obxecto: regulación da contratación da subministración, en lote único, de produtos varios para o equipamento do polideportivo municipal dos Carrís, segundo o prego de cláusulas administrativas aprobado para o efecto.

3. Tramitación: procedemento negociado con publicidade e en trámite ordinario.

4. Prezo do contrato: 102.068,82 euros (cento dous mil sesenta e oito euros con oitenta e dous céntimos), IVE incluído.

5. Garantías: provisional: non existe. Definitiva: 5% (IVE excluído) do gasto autorizado (IVE excluído).

6. Requisitos xerais: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

7. Obtención de información: Departamento de Secretaría. Concello de Barbadás. Cimadevila, 1. 32890 Barbadás (Ourense). Teléfono 988 36 00 00/01, fax 988 36 04 01.

8. Prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes deberán ser entregadas no Rexistro Xeral do Concello de Barbadás, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio nos boletíns oficiais.

Cando se envíe a documentación por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante téle, fax ou telegrama no mesmo día.

Barbadás, 16 de maio de 2012

O alcalde
Rubricado