Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23316

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 5 de xuño de 2012 pola que se outorga nomeamento ao rexistrador da propiedade, mercantil e de bens mobles para o rexistro vacante que se cita.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario convocado por Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 1 de marzo de 2012 (BOE do 12 de marzo) e a Resolución do 23 de marzo de 2012, do mesmo centro directivo, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes para participar no concurso de traslados número 284 entre rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles (BOE do 27 de marzo) e resolto por Resolución do 4 de maio de 2012 e, de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do Regulamento para a súa execución, e o Decreto da Xunta de Galicia 7/2011, do 20 de xaneiro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear o rexistrador comprendido na citada resolución e que no anexo se relaciona, para prover o rexistro vacante radicado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2012

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Manuel Parga Gamallo, rexistrador de Sevilla número 5 para o Rexistro de Ribadeo.