Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2011/131-2, 7967 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: modificado nº 1 a proxecto de recuamento da liña de M.T. por execución autovía A-54, Lugo-Santiago (tramo San Cibrao).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– Modificación no p.q. 10+550 da traza da autovía A-54.

L.M.T.A. a 20 kV LUG 802 Guntín 2 con orixe no apoio existente nº 61 e final no apoio de formigón proxectado nº 62 da mencionada liña, cunha lonxitude de 111,88 metros de condutor que se vai retensar tipo LA-110.

– Modificación no p.q. 10+550 da traza da autovía A-54.

L.M.T.A. a 20 kV LUG 802 Guntín 2 con orixe no apoio existente nº 64 e final no apoio de formigón proxectado nº 63 da mencionada liña, cunha lonxitude de 100,71 metros de condutor que se vai retensar tipo LA-110.

– Modificación no p.q. 10+600 da traza da autovía A-54.

L.M.T.S. a 20 kV LUG 802 Guntín 2, con orixe no paso aéreo a soterrado situado no apoio de formigón proxectado nº 62 e final no paso aéreo a soterrado situado no apoio de formigón proxectado nº 63, cunha lonxitude de 500 metros en condutor R.H.Z.1-240.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 7 de maio de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo