Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23380

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1039/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1039/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Alberto Hernández Giadáns contra a empresa Estan Mobel, S.L.U., e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Jorge Alberto Hernández Giadáns contra Estan Mobel, S.L.U., e en consecuencia condeno a demandada a aboar ao demandante 38.945,61 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente, cantidade que se deberá incrementar co xuro do artigo 576 LAC e 2.615,71 euros en concepto de saldo e liquidación, importe que se deberá incrementar co xuro do artigo 29.3 do ET, e condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de legal notificación a Estan Mobel, S.L.U., expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2012

A secretaria xudicial