Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23288

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no último cuadrimestre por esta consellería.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2012

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria

ANEXO

Título

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para a dixitalización de documentos de titularidade estatal custodiados en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

1.3.2012

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Marco para a concesión da subvención nominativa dos orzamentos da Comunidade Autónoma para 2012 destinada á realización de actividades didácticas e de difusión.

21.3.2012

140.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Xunta de Galicia e a Fundación Premios da Crítica de Galicia.

26.4.2012

46.490,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello das Neves para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da biblioteca pública municipal dependente del.

30.4.2012

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello da Pobra do Brollón para a integración na Rede de bibliotecas de galicia da biblioteca pública municipal dependente del.

30.4.2012

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades culturais na cidade de Lugo (Lugo Cultural).

26.4.2012

72.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual para a realización conxunta do programa Premios Mestre Mateo 2011.

20.4.2012

110.955,68 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Palas de Rei para a apertura e visitas públicas ao castelo de Pambre.

13.4.2012

16.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Guionistas para a realización conxunta de actividades formativas (clases maxistrais).

26.4.2012

7.300,00 €

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

18.4.2012

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Otero Pedrayo para a realización de actividades arredor da obra de Otero Pedrayo.

26.4.2012

26.618,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Outes para a conmemoración do bicentenario do nacemento de Francisco Añón.

26.4.2012

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Centro Pen de Escritores de Galicia para o IX Premio Rosalía de Castro.

26.4.2012

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a propiedade do Pazo de Meirás para a apertura e visitas públicas ao devandito pazo.

28.3.2012

21.200,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Curros Enríquez para a realización de actividades arredor da obra de Curros Enríquez.

26.4.2012

18.290,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Boborás para a organización do acto de entrega do Premio Antón Losada Diéguez en Boborás.

26.4.2012

3.201,76 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Escritores en Lingua Galega para a realización conxunta das seguintes actividades: Premios AELG 2012, O Escritor/a na súa Terra 2012, Encontro Galeusca 2012, Polafía 2012, Obradoiro de Creación Literaria-Escola de Escritores/as e Gravación de Entrevistas a Escritores/as para a Web da AELG.

26.4.2012

34.625,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Editores para a participación e asistencia ás feiras internacionais do libro e para actividades de promoción e consolidación do sector do libro.

26.4.2012

19.199,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Xunta de Galicia e a Fundación Antón Fraguas para a edición dun libro con motivo de cumprirse o terceiro centenario da morte do Arquitecto Domingo de Andrade e do centenario da declaración como monumento nacional de San Domingos de Bonaval.

26.4.2012

7.500,00 €

Convenio de cooperación cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Vilamarín para a realización das obras necesarias na Casa da Cultura.

9.12.2010

83.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Valle Inclán para a realización de actividades relacionadas co escritor Valle Inclán.

26.4.2012

21.258,18 €