Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 30 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións dos expedientes sancionadores PESAN1 2011/000887-5 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición das persoas interesadas na citada Xefatura de Coordinación da Área do Mar-Vigo, r/ Concepción Arenal, 8.

Nº de expediente: PESAN1 2011/000887-5.

Denunciado: David Otero Outeda.

DNI: 76869459D.

Enderezo: Alexandre Bóveda 39-5º A, O Grove (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.6.

Sanción: 3.000 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2011/001063-5.

Denunciado: José M. Varela González.

DNI: 36048268T.

Enderezo: r/ Arco Visigótico nº 13, Panxón (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.5 e 137.B.6.

Sanción: 1.000 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2011/001289-5.

Denunciado: Jorge Capa Iglesias.

DNI: 52498796P.

Enderezo: Alemaña 60-2º, Campos de Monteporreiro-Pontevedra (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.2 e 137.B.5.

Sanción: 1.000 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das ditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou, do contrario, procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario, as persoas interesadas deberán recoller na dita Xefatura de Coordinación da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Cúmprense os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de se ateren ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Vigo, 30 de maio de 2012

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra