Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23470

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Notaría do Sr. Ordóñez Armán (A Coruña)

ANUNCIO de poxa.

Eu, Francisco Manuel Ordóñez Armán, notario do Colexio Notarial de Galicia, con residencia na Coruña, fago saber que na miña notaría, sita na Coruña, rúa Durán Loriga número 11, 2º, 15003, tramítase venda extraxudicial, conforme o artigo 129 da Lei hipotecaria, dos seguintes predios:

1. Un. Vivenda dereita, sinalada co número cinco de orde, situada na planta segunda do edificio número dous da rúa Mantilla en Valladolid. Ocupa unha superficie útil de 103,70 metros cadrados e unha superficie construída de 142,89 metros cadrados. Consta de diversas habitacións e servizos. Linda, entrando desde o relanzo da escaleira: o salón comedor coa rúa Mantilla, pola súa fronte co dito relanzo e vivenda desta mesma planta; pola dereita, co edificio dunha comunidade de propietarios; pola esquerda, a dita vivenda esquerda desta planta; e ao fondo, coa rúa Mantilla. E o resto das dependencias: pola súa fronte, relanzo e caixa da escaleira, patio común de luces e patio da casa número tres da beirarrúa Recoletos, sobre o cal desfruta o edificio de servidume de paso; dereita, patio da casa número 4 da dita beirarrúa; esquerda, patio de luces común e vivenda desta mesma planta. Cota: 16,81 por cento.

Inscrición. Consta inscrita no Rexistro da Propiedade de Valladolid, número seis, no tomo 2054, libro 348, folio 58, predio número 30345, sección 03.

Referencia catastral: 6223002UM5162C0006PH.

Debido a que o predio ten a condición de vivenda habitual do debedor, levarase a cabo a través dunha única poxa que terá lugar na miña notaría o día 23 de xullo de 2012 ás nove horas e trinta minutos, para a que servirá de tipo o pactado na escritura de constitución de hipoteca, é dicir douscentos mil euros (200.000 €). Non obstante, se se presentasen ofertas por un importe igual ou superior ao 70 por cento do valor polo que o ben saíu a poxa, entenderase adxudicado o predio a quen presente a mellor oferta. Cando a mellor oferta presentada sexa inferior ao 70 por cento do tipo sinalado para a poxa, poderá o debedor presentar, no prazo de dez días, terceiro que mellore a oferta, ofrecendo cantidade superior ao 70 por cento do valor de taxación o que, aínda inferior ao dito importe, resulte suficiente para lograr a completa satisfacción do dereito do executante. Transcorrido o expresado prazo sen que o debedor do ben realice o previsto no parágrafo anterior, o acredor poderá pedir, dentro do prazo de cinco días, a adxudicación do predio ou predios por importe igual ou superior ao 60 por cento do valor de taxación. Se o acredor non fixese uso da mencionada facultade, entenderase adxudicado o predio a quen presentase a mellor oferta, sempre que a cantidade que ofreza supere o 50 por cento do valor de taxación ou, sendo inferior, cubra, polo menos, a cantidade reclamada por todos os conceptos. Se no acto da poxa non houbese ningún licitador, poderá o acredor, no prazo de vinte días, pedir a adxudicación por importe igual ou superior ao 60 por cento do valor de taxación. Se o acredor non fixese uso da facultade a que se refire o inciso anterior, observarase o previsto no artigo 236.n do Regulamento hipotecario.

Os licitadores para tomar parte na poxa deberán consignar previamente na notaría e mediante cheque bancario a nome do notario o trinta por cento do tipo pactado.

2. Dous. Urbana. Casa número cinco da rúa Bailén, da cidade da Coruña. Consta de plantas baixa, principal, segundo, terceiro, bufarda e patio á parte posterior. Mide setenta e seis metros e cincuenta decímetros cadrados (76,50 m²) de terreo, e linda pola fronte coa rúa Bailén, á dereita, entrando, coa casa número 7 da súa rúa, de Luís Veira Fernández, á esquerda, coa casa número 3 da mesma rúa, de Juan Esteban, e ao fondo, coa casa número 58 da rúa Rego de Auga, de Carmen Rodríguez e irmás.

Inscrición. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña no tomo 1726, libro 1726, folio 65, predio número 1/3299 da sección 1, inscrición 26ª.

Referencia catastral: 8824510NJ4082S0001UY.

A primeira poxa terá lugar na miña notaría o día 23 de xullo de 2012 ás dez horas, sendo o tipo base o de cincocentos cincuenta mil euros (550.000 €); de non haber licitador ou se resultase falida, a segunda poxa celebrarase o 24 de setembro de 2012 ás nove horas trinta minutos, cuxo tipo será o setenta e cinco por cento do correspondente á primeira; se é o caso, a terceira poxa realizarase o día 29 de outubro de 2012 ás nove horas trinta minutos, sen suxeición a tipo; e se houbese pluralidade de melloras na terceira poxa, a licitación entre mellorantes e mellor licitador sería o día 5 de novembro do 2012 ás nove horas trinta minutos.

Os licitadores para tomar parte na primeira ou segunda poxa deberán consignar previamente na notaría e mediante cheque bancario a nome do notario o trinta por cento do tipo correspondente, ou o vinte por cento do tipo da segunda poxa para tomar parte na terceira.

3. Tres. A documentación e certificacións dos rexistros da propiedade a que se refiren os artigos 236.a) e 236.b) do Regulamento hipotecario poden consultarse na notaría de luns a venres desde as 10.00 ás 14.00 horas. Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación achegada. As cargas, gravames e asentos existentes anteriores á hipoteca que se execute continuarán subsistentes. Poderán facerse posturas por escrito en prego pechado, xuntando o xustificante do depósito previo, ata o momento da poxa. Só a adxudicación a favor do acredor requirente ou o remate a favor deste ou dun acredor posterior poderá facerse a calidade de ceder a un terceiro.

A Coruña, 6 de xuño de 2012

Francisco Manuel Ordóñez Armán
Notario