Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23464

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Montederramo

ANUNCIO de información pública sobre a legalización de taller de maquinaria agrícola en Vilariño Frío.

Juan Rodríguez González solicitou desta alcaldía licenza municipal para legalización de taller de maquinaria agrícola que se situará en Vilariño Frío. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia -poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Montederramo, 23 de maio de 2012

Antonio Rodríguez Álvarez
Alcalde