Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 18 de maio de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 16 de febreiro de 2012 que fixa o prezo xusto do predio número 49 sito en Carballeda de Avia, relativo ao proxecto 00767 (expediente 2009/006086).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Arturo González Reboredo o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 16 de febreiro de 2012 que fixa o prezo xusto do predio nº 49 sito en Carballeda de Avia, relativo ao proxecto 00767, expediente 2009/006086, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición, impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2012

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00767-L.M.T., C.T., R.B.T.. As Cortes. Exp. IN407A 06/277-3-A.T. TM Leiro e Carballeda de Avia.

Nº de expediente: 2009/006086.

Persoa notificada: Arturo González Reboredo.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Deleg. Prov. Ourense.

Expropiado: Arturo González Reboredo.

Beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Predio: 49.

Concello: Carballeda de Avia.

Provincia: Ourense.

Valoración resolución do xurado: 90,15 €.