Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 18 de maio de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 29 de marzo de 2012, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio 109-ARR sito en Becerreá, relativo ao proxecto 00806 (expediente 2009/007108).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Manuel Fernández López o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 29 de marzo de 2012, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio 109-ARR sito en Becerreá, relativo ao proxecto 00806 (expediente 2009/007108), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2012

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00806-Acondicionamento da estrada LU-722 Becerreá-Navia de Suarna. Treito I: Becerreá-A Ribeira (clave: LU/01/056.01.1).

Nº expediente: 2009/007108.

Persoa que se notifica: Manuel Fernández López.

Expropiante: CPTOPT. Servizo de Estradas de Lugo.

Expropiado: Manuel Fernández López.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo de Estradas de Lugo.

Predio nº: 109-ARR.

Concello: Becerreá.

Provincia: Lugo.

Valoración resolución do xurado: 1.260,00 €.